TÉCNICO SUPERIOR
EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

600 horas (1 especialidade a elixir entre Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía)

Semipresencial 925 €                   Distancia 525 €

Obxectivos. Trátase de capacitar a Técnicos en Prevención de Riscos Laborais para desempeñar as funcións de nivel superior en materia de prevención de riscos (art. 37 do R.D. 39/1997 que aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención) na/s especialidade/s correspondente/s.
A estas alturas do desenvolvemento da normativa de prevención de riscos laborais non descubrimos nada novo sobre a súa importancia. En aras da diminución da accidentalidade laboral, a Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e o R.D. 39/1997 establecen para as empresas a obrigatoriedade de xestionar a súa prevención por persoal habilitado.

Nivel acceso Titulados universitarios (diplomados, licenciados e equivalentes).

Nivel saída Título oficial homologado pola Xunta de Galicia e válido para toda España.

Temario ANEXO VI do R.D. 39/1997 que aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención:
1. Fundamentos das técnicas de mellora das condicións de traballo./ 2. Técnicas de prevención de riscos laborais./ 3. Outras actuacións en materia de prevención de riscos./ 4. Xestión da prevención./ 5. Técnicas afíns./ 6. Ámbito xurídico da prevención.

Nota Pódese face-lo curso con 2 ou 3 especialidades. Neste caso a cada especialidade lle corresponden 100 horas a maiores. O prezo dunha especialidade é 199 € na modalidade a distancia ou 300 €. na modalidade semipresencial. Pódese combinar facendo a parte común nunha modalidade e a(s) especialidade(s) solta(s).